Category Archives: Caritas

Felices Pascuas

Campaña de Navidad 2016

Cáritas Parroquial informa:

CAMPAÑA  DE  NAVIDAD  2016

COMESTIBLES:

103 BOLSAS DE 10 KILOS

115 BOLSAS DE 6 KILOS

TOTAL: 1.720 KILOS

JUGUETES:

229 UNIDADES

MUCHAS  GRACIAS  A  TOD@S

Felices Pascuas

Co Belén do Salón de Actos deste ano (foto de María Eugenia Herráez), desexámosvos unhas Felices Pascuas e unha Santa Noite.

Peche dos actos de celebración do cincuentenario

Tódolos 22 de decembro, ademais da lotería, celebramos solemnemente na Misa da noite o aniversario da Consagración do Templo. Este ano cúmprense vinte e catro. Ademais, desde xa hai algúns anos, celebrámo-la ordenación do Diácono Permanente, don Rafael Casás Salgado.

Este ano celebraremos este acontecemento, coma sempre, na Misa da noite. Pecharemos así os actos do cincuentenario. O Grupo Vocal Escolma Coralis cantará na Misa e despois ofrecerá un pequeno concerto de panxoliñas. Agradecemos a este grupo a colaboración permanente na Parroquia.

FELICES PASCUAS.

Hoxe cumprimos cincuenta anos

XA CHEGAMOS!!!!

Hoxe, cando comece a Misa das 11 (con primeiras comuñóns, ademais), chegaremos formalmente ós cincuenta anos porque a esa hora dun 25 de xullo do 1966 comezou a actividade oficial da nosa Parroquia.

GRACIÑAS A TODOS e PARABÉNS!!!!

Peregrinación a Portugal

A Parroquia de San Antonio celebra o seu cincuenta aniversario e con tal motivo organiza unha EXCURSIÓN  A  PORTUGAL,  SEGUINDO  AS  PEGADAS  DE  SAN  ANTONIO.

Data: do 7 ó 9 de outubro do 2016.

Información: despacho parroquial.

A organización comunica que a peregrinación farase ó haber o mínimo exixido pola axencia Galaecia Viajes (Ronda de Nelle, 124, A Coruña), o lugar no que a xente se ten que inscribir para ir a esta viaxe despois de pasar pola Parroquia para recolle-la información da viaxe.

Apertura da exposición

Parabéns en primeiro lugar á Coral Polifónica Follas Novas, que nos deleitou cun repertorio de músicas de culturas e estilos distintos e enriquecedores.

Graciñas ás persoas e familias que doaron as fotos (Julia Villar, José Antonio López, María del Carmen Felpeto, Marisa Castro, Toñita Prieto, María Teresa Cebrián, María Teresa González, María Castiñeira, Julia Cabanelas, Carlos Platas, familias Mariñas Gómez e Rodríguez Mariñas, parroquia e párroco, María del Carmen Vidal), e especialmente á familia García Corral (Pepe García, Merchi Corral, Merchi e Luís García Corral), que se volcou na organización non só con fotos senón tamén coa preparación desde xaneiro desta mostra e coa publicidade dela nestas últimas semanas.

A partir da semana próxima contamos con ter aberta a exposición no Salón de Actos os mércores de 6 a 9 da tarde e nas fins de semana de 11 a 2 da tarde e de 6 a 9 da tarde. NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, Ó NON SER LABORABLE, ESTARÁ ABERTA Á MAÑÁ E Á TARDE.

Graciñas especialmente ós que aparecedes nas fotos e accededes a compartir con nós un anaquiño das vosas vidas.

Concerto de inauguración da exposición fotográfica

Cortesía da familia García Corral. Deseño do cartel: Luís García Corral.

Estimamos a “El Ideal Gallego”“La Opinión de A Coruña” e á Cafetería Maluve a publicidade desta actividade e agradecemos á familia García Corral, á Coral Polifónica Follas Novas, a Rafael Casás Salgado, a Francisco Caraballo Recio e a José Ramón Amor Pan pola difusión nos seus perfís de internet.

Reportaxe da Parroquia en “La Opinión de A Coruña”

Hoxe sae en “La Opinión de A Coruña” unha reportaxe ampla e ben detallada sobre a nosa comunidade parroquial. Co noso agradecemento ó xornal coruñés polo interese na nosa Parroquia:

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/02/15/medio-siglo-congregacion-san-antonio/1041684.html

Campaña de Navidad 2015

Comestibles:

157 bolsas de 7, 9 y 14 kilos: 1.425 kilos.

Juguetes:

653 unidades.

¡GRACIAS  POR  SU  COLABORACIÓN!