Category Archives: Liturxia

Concerto de aniversario de Escolma Coralis

O Grupo Vocal Escolma Coralis da Coruña, dirixido por Julia Cabanelas, que colabora de maneira estable ó longo do ano na parroquia nos tempos litúrxicos importantes, convídanos a participar no seu concerto de aniversario.

Este ano gozaremos da súa música e da do coro da vila mariñeira de Corme Brisas do Mar.

A velada comezará ás 18 hs. do próximo sábado día 21 de outubro no salón de actos parroquial.

La misa de 8,30 en el Ideal…

Varios periódicos coruñeses se interesaron por la primera misa parroquial de los días laborables dada la publicidad de Ignacio Benedeti, a quien agradecemos la estima a la parroquia.

Aunque, como se dijo, es una misa normalita y sorprende quizás por el horario (al barrio no le sorprende tanto) y no se quiso dar relevancia, decidimos aceptar la petición del Ideal Gallego para publicar un reportaje. Agradecemos también a La Opinión de A Coruña el interés manifestado.

http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/reportaje-misas-expres-toda-tradicion-25-anos-san-antonio/20170812232416345375.html

Mención en “La Voz de Galicia”

Agradecemos a Pablo Portabales e ó seu equipo que quixesen falar do día do Patrón na súa sección “El pulso de la ciudad” da sección de Local de “La Voz de Galicia”.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/betanzos/2017/06/14/fiesta-clandestina-dos-treintaneras/0003_201706H14C12991.htm

Horario do día do Patrón

Anunciamos con gozo o horario do día do Patrón, este próximo martes, día 13 de xuño, San Antonio de Padua.

Pola mañá: ás 8,30, ás 10 e ás 12 (solemne, coa intervención do Grupo Vocal Escolma Coralis).

Pola tarde: ás 6, ás 7 e ás 8 (solemne).

Coma sempre, haberá postos de venda de produtos relacionados co Santo para axudar nos gastos parroquiais.

O domingo e o luns seguiremos coa Novena (domingo só ás 7,30 da tarde e luns ás 12 de mediodía e ás 8 da tarde, co diácono Rafael Casás de predicador).

Festival-Pregón do San Antonio

Sábado, día 10 de xuño

5,30 da tarde

Salón de Actos (Avenida de Fisterra, 260, baixo)

ACTUACIÓNS:

1.- Grupo de pandeireta de San Antonio.

2.- Teatro: “Segredo de confesión”.

3.- Coral Polifónica de Caldas de Reis.

4.- Grupo Vocal Escolma Coralis (San Antonio – grupo organizador).

Novena Patronal

A Novena Patronal empezará este domingo, día 4 de xuño, na misa das 7,30 da tarde e rematará o luns, día 12.

Rezarémola tódolos días ás 8 da tarde (solemne) e tamén na misa das 12, excepto os domingos 4 e 12, nos que só se rezará ás 7,30 da tarde.

Concerto organizado por Canta Compaña

Estimamos os concertos organizados por Canta Compaña para a nosa Parroquia.

Monumento de Xoves Santo

Monumento deste Xoves Santo na capela da pía bautismal este ano: Julia, Antonio, xente do coro e demais colaboradores da Semana Santa parroquial. Foto: Toñita.

Felices Pascuas

Programa de celebracións e horarios – 2ª parte

- Domingo de Ramos: bendición en tódalas misas; bendición solemne na misa das 11 da mañá.

- Celebracións penitenciais para adultos:

Luns, día 10, día 11 e mércores, día 12, ás 7 da tarde.

- Xoves Santo: Oficios, ás 5 da tarde; Hora Santa, ás 8 da tarde.

- Sábado Santo: Viacrucis, ás 11 da mañá; SOLEMNE  VIXILIA  PASCUAL,  ÁS  8  DA  TARDE.