Monthly Archives: mayo 2014

Pobo de Deus nº 717

Coma sempre, poñemos as informacións parroquiais.

Neste número veñen as informacións da Novena Parroquial e do Festival de San Antonio.

Unción comunitaria de enfermos

Durante esta semana, en horario de secretaría, apuntaremos para recibir a Unción na celebración da Pascua do Enfermo do domingo día 25 de maio ás 19,30 hs.

Pobo de Deus nº 716

Programa do Festival do día 7 de xuño

FESTIVAL  DE  TEATRO  E  MÚSICA

Sábado, día 7 de xuño, ás 17.30 hs.

Actúan:

• Coro “Escolma Coralis”.

• Escola de Pandeireteiras “San Antonio”.

• Escola de Teatro “San Antonio”.

• Coro invitado: “Aires de Bergantiños”.

Lugar: Salón de Actos parroquial (Avenida de Finisterre, 260).

Organiza: Coro “Escolma Coralis”.

Próximas citas importantes na Parroquia…

Lembrámosvos as dúas citas importantes próximas na Pastoral da nosa Parroquia:

  1. Clausura do ciclo de formación permanente para adultos no novo Salón de Actos o próximo mércores día 21 de maio ás 8.30 da tarde.
  2. CONFIRMACIÓNS  na misa das 12 de mediodía do sábado día 24 de maio.

E en xuño, Novena Patronal e Festival de Teatro na tarde do sábado día 7 de xuño. Daremos máis información.