Daily Archives: 13-12-2015

Segundo concerto de panxoliñas

Despois do éxito do concerto de onte, co noso agradecemento fondo a Escolma Coralis e Canta Compaña e tamén á coral visitante Eixil, anunciámo-lo próximo concerto preparatorio das Festas do Nadal.

O xoves vindeiro visitarannos as corais “Adonais” da parroquia de Santiago Apóstolo de Arteixo e “Follas Novas” no habitual concerto que organiza esta última coral. Ademais, no entreacto tocarán as violinistas Mariam e Diana Poghosyan (pedimos perdón por trabucarnos no apelido nos carteis que fixo a Parroquia).

Coma sempre, despois da Misa da tarde (Aviso importante: por este concerto, non se poñerán intencións de defuntos nesta misa).