Monthly Archives: mayo 2016

Pobo de Deus nº 769

Pobo de Deus nº 768

Apertura da exposición

Parabéns en primeiro lugar á Coral Polifónica Follas Novas, que nos deleitou cun repertorio de músicas de culturas e estilos distintos e enriquecedores.

Graciñas ás persoas e familias que doaron as fotos (Julia Villar, José Antonio López, María del Carmen Felpeto, Marisa Castro, Toñita Prieto, María Teresa Cebrián, María Teresa González, María Castiñeira, Julia Cabanelas, Carlos Platas, familias Mariñas Gómez e Rodríguez Mariñas, parroquia e párroco, María del Carmen Vidal), e especialmente á familia García Corral (Pepe García, Merchi Corral, Merchi e Luís García Corral), que se volcou na organización non só con fotos senón tamén coa preparación desde xaneiro desta mostra e coa publicidade dela nestas últimas semanas.

A partir da semana próxima contamos con ter aberta a exposición no Salón de Actos os mércores de 6 a 9 da tarde e nas fins de semana de 11 a 2 da tarde e de 6 a 9 da tarde. NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, Ó NON SER LABORABLE, ESTARÁ ABERTA Á MAÑÁ E Á TARDE.

Graciñas especialmente ós que aparecedes nas fotos e accededes a compartir con nós un anaquiño das vosas vidas.

Concerto de inauguración da exposición fotográfica

Cortesía da familia García Corral. Deseño do cartel: Luís García Corral.

Estimamos a “El Ideal Gallego”“La Opinión de A Coruña” e á Cafetería Maluve a publicidade desta actividade e agradecemos á familia García Corral, á Coral Polifónica Follas Novas, a Rafael Casás Salgado, a Francisco Caraballo Recio e a José Ramón Amor Pan pola difusión nos seus perfís de internet.

Encontro Diocesán de Nenos

Deixámosvos fotos da participación de nenos e catequistas da nosa parroquia no IV encontro diocesán de nenos das catequeses parroquiais de toda a diocese no pasado sábado día 30 de abril en Santiago de Compostela para gaña-lo Xubileo da Misericordia.

As imaxes pertencen ás actividades feitas no Seminario Menor de Belvís, no parque de Bonaval, en San Martiño Pinario e, finalmente, na Catedral. Fonte: http://www.depasxuventude.com/2016/05/iv-encuentro-diocesano-de-ninos-jubileo.html e http://www.depasxuventude.com/2016/05/iv-encuentro-diocesano-de-ninos.html