Monthly Archives: diciembre 2016

Pobo de Deus nº 785

Vai a primeira folla do ano que imos estrear. Aínda que non se puido poñer o anuncio da semana especial de formación, publicárono na sección de noticias do Pobo de Deus que xa teñen nas mesas das entradas.

Tamén puxemos esa noticia aquí neste blogue, por se se esgota a folla de papel.

Desexámoslles un ano abenzoado, despois de poder vivir este ano do cincuentenario con vostedes e sobre todo co noso párroco fundador.

Semana de conferencias en San Antonio

De “Pobo de Deus”, A Coruña, 1 de xaneiro do 2017, ano XXXI, número 785, páxina 4, sección “Noticias”.

Del 9 al 13 de enero tendrá lugar la VI Semana de Formación Teológica en la Parroquia de San Antonio, que servirá de cierre de los actos que se han estado desarrollando todos estos meses para conmemorar las bodas de oro de la parroquia.
Con el título genérico de EL DESTINO FELIZ DEL SER HUMANO, van a intervenir, por este orden, Jesús Andrés López Calvo, José Ramón Amor Pan, Luis Miguel Herrero Mayor, Cruz Bello Peón y Rafael Casás.
Todas las charlas darán comienzo a las 20:30 horas y están abiertas a todo el mundo que quiera asistir.

Felices Pascuas

Co Belén do Salón de Actos deste ano (foto de María Eugenia Herráez), desexámosvos unhas Felices Pascuas e unha Santa Noite.

Peche dos actos de celebración do cincuentenario

Tódolos 22 de decembro, ademais da lotería, celebramos solemnemente na Misa da noite o aniversario da Consagración do Templo. Este ano cúmprense vinte e catro. Ademais, desde xa hai algúns anos, celebrámo-la ordenación do Diácono Permanente, don Rafael Casás Salgado.

Este ano celebraremos este acontecemento, coma sempre, na Misa da noite. Pecharemos así os actos do cincuentenario. O Grupo Vocal Escolma Coralis cantará na Misa e despois ofrecerá un pequeno concerto de panxoliñas. Agradecemos a este grupo a colaboración permanente na Parroquia.

FELICES PASCUAS.

Pobo de Deus nº 784

Concerto organizado por Follas Novas

Do perfil de Facebook da Coral Polifónica Follas Novas.

Concerto para o sábado…

Do perfil de Facebook de Canta Compaña, que organiza o concerto.

Pobo de Deus nº 783

Encontros de Música Navideña na Parroquia

Sábado, día 10 de decembro: organizado polo Grupo Vocal Escolma Coralis de San Antonio, actuarán as corais de Guísamo, Santa Cecilia de Coristanco e Escolma Coralis.

Hora: 8,30 da tarde.

Venres, día 16: organizado pola Coral Polifónica Follas Novas, dentro do seu ciclo de música navideña na cidade, actuarán a coral “Adonais” da parroquia de Santiago Apóstolo de Arteixo e a Coral Polifónica Follas Novas.

Hora: 8,30 da tarde, na igrexa.

Sábado, día 17: organizado polo Grupo Canta Compaña da Coruña, actuarán o Grupo Vocal Instrumental Atlántico de Noia e Canta Compaña da Coruña.

Hora: 8,30 da tarde.

Xoves, día 22: coa organización do Grupo Vocal Escolma Coralis de San Antonio, este grupo cantará na Misa Solemne de Consagración do Templo Parroquial e despois da Eucaristía dará un pequeno concerto de panxoliñas.

Con estas citas musicais concluirémo-las celebracións do cincuentenario parroquial. Agradecemos a todos a vosa colaboración e participación neste ano tan especial para a nosa comunidade parroquial.