Daily Archives: 02-12-2016

Encontros de Música Navideña na Parroquia

Sábado, día 10 de decembro: organizado polo Grupo Vocal Escolma Coralis de San Antonio, actuarán as corais de Guísamo, Santa Cecilia de Coristanco e Escolma Coralis.

Hora: 8,30 da tarde.

Venres, día 16: organizado pola Coral Polifónica Follas Novas, dentro do seu ciclo de música navideña na cidade, actuarán a coral “Adonais” da parroquia de Santiago Apóstolo de Arteixo e a Coral Polifónica Follas Novas.

Hora: 8,30 da tarde, na igrexa.

Sábado, día 17: organizado polo Grupo Canta Compaña da Coruña, actuarán o Grupo Vocal Instrumental Atlántico de Noia e Canta Compaña da Coruña.

Hora: 8,30 da tarde.

Xoves, día 22: coa organización do Grupo Vocal Escolma Coralis de San Antonio, este grupo cantará na Misa Solemne de Consagración do Templo Parroquial e despois da Eucaristía dará un pequeno concerto de panxoliñas.

Con estas citas musicais concluirémo-las celebracións do cincuentenario parroquial. Agradecemos a todos a vosa colaboración e participación neste ano tan especial para a nosa comunidade parroquial.