Daily Archives: 20-12-2016

Peche dos actos de celebración do cincuentenario

Tódolos 22 de decembro, ademais da lotería, celebramos solemnemente na Misa da noite o aniversario da Consagración do Templo. Este ano cúmprense vinte e catro. Ademais, desde xa hai algúns anos, celebrámo-la ordenación do Diácono Permanente, don Rafael Casás Salgado.

Este ano celebraremos este acontecemento, coma sempre, na Misa da noite. Pecharemos así os actos do cincuentenario. O Grupo Vocal Escolma Coralis cantará na Misa e despois ofrecerá un pequeno concerto de panxoliñas. Agradecemos a este grupo a colaboración permanente na Parroquia.

FELICES PASCUAS.

Pobo de Deus nº 784