Monthly Archives: abril 2017

Fin do ciclo formativo de adultos

O día 4 de maio, xoves, clausuraremos a formación permanente de adultos deste ano. Don José Ramón Amor Pan encargouse do tema deste ano: as virtudes cristiás e os pecados capitais.

Esta formación non só serviu para os adultos da nosa parroquia que xa o teñen entre os seus hábitos desde hai anos senón para persoas que desexan confirmarse este ano na nosa parroquia ou noutras.

O tema deste xoves será: “Contra soberbia, humildade”. Verémonos no Salón de Actos despois da misa das 8 da tarde.

Pobo de Deus nº 793

Monumento de Xoves Santo

Monumento deste Xoves Santo na capela da pía bautismal este ano: Julia, Antonio, xente do coro e demais colaboradores da Semana Santa parroquial. Foto: Toñita.

Felices Pascuas

Pobo de Deus nº 792

Programa de celebracións e horarios – 2ª parte

- Domingo de Ramos: bendición en tódalas misas; bendición solemne na misa das 11 da mañá.

- Celebracións penitenciais para adultos:

Luns, día 10, día 11 e mércores, día 12, ás 7 da tarde.

- Xoves Santo: Oficios, ás 5 da tarde; Hora Santa, ás 8 da tarde.

- Sábado Santo: Viacrucis, ás 11 da mañá; SOLEMNE  VIXILIA  PASCUAL,  ÁS  8  DA  TARDE.

Programa de celebracións e horarios – 1ª parte

Pregón-Concerto de Semana Santa (a cargo do Grupo Vocal Escolma Coralis):

venres, día 7 de abril (non o sábado como está escrito en Pobo de Deus), ás 20,30 hs.

Celebracións comunitarias da Penitencia:

Para os nenos da Catequese: o martes, día 4 de abril, e o mércores, día 5, ás 18,30 hs.

Domingo de Ramos:

Bendición dos ramos en tódalas misas.

Bendición solemne na misa das 11 da mañá.