Monthly Archives: mayo 2017

Novena Patronal

A Novena Patronal empezará este domingo, día 4 de xuño, na misa das 7,30 da tarde e rematará o luns, día 12.

Rezarémola tódolos días ás 8 da tarde (solemne) e tamén na misa das 12, excepto os domingos 4 e 12, nos que só se rezará ás 7,30 da tarde.

Pobo de Deus nº 795

Concerto organizado por Canta Compaña

Estimamos os concertos organizados por Canta Compaña para a nosa Parroquia.

Confirmacións e Unción de Enfermos

O próximo sábado día 20 terémo-las Confirmacións na misa das 12.

Ó día seguinte, domingo día 21, na misa das 7,30 da tarde, terémo-la Unción de Enfermos para persoas con problemas serios de saúde ou de idade avanzada. Estaremos apuntando en horario de despacho ó longo desta semana.

Celebración da Reconciliación para Confirmación

Onte pola tarde na Coruña houbo a convivencia de celebración da Reconciliación para a xuventude coruñesa que nas próximas semanas se vai confirmar nas parroquias da cidade.

Un dos lugares foi o noso Salón de Actos no que o diácono Rafael Casás deu unha charla de formación preparatoria.

Deixamos foto e a crónica do blogue da Delegación de Pastoral Xuvenil, co noso agradecemento ao equipo diocesán desta Pastoral.

http://www.depasxuventude.com/2017/05/memoria-de-penitencial-confirmandos.html

Pobo de Deus nº 794