Monthly Archives: octubre 2017

Confesións na nosa parroquia…

O Padre Areta volve estar no confesionario de luns a venres de 12 a 13 hs. se non hai nada que lle impida vir á nosa parroquia.

Tamén os dous sacerdotes da nosa parroquia, don Ramón Caamaño, párroco, e don José Godoy, párroco emérito, atenden confesións: o primeiro no confesionario antes da misa que celebre na parroquia cada día (e tamén noutros momentos cando estea na parroquia) e o segundo no despacho parroquial pola mañá ou pola tarde.

Pobo de Deus nº 806

Concerto de aniversario de Escolma Coralis

O Grupo Vocal Escolma Coralis da Coruña, dirixido por Julia Cabanelas, que colabora de maneira estable ó longo do ano na parroquia nos tempos litúrxicos importantes, convídanos a participar no seu concerto de aniversario.

Este ano gozaremos da súa música e da do coro da vila mariñeira de Corme Brisas do Mar.

A velada comezará ás 18 hs. do próximo sábado día 21 de outubro no salón de actos parroquial.

Pobo de Deus nº 805