Monthly Archives: diciembre 2017

Concerto de Nadal de Follas Novas

A Coral Polifónica Follas Novas da Coruña agasallaranos co habitual Concerto de Nadal que organiza desde xa hai anos.

O deste ano será, Deus mediante, o sábado día 16 de decembro despois da misa da tarde. Actuarán esta Coral e o Coro Adonais da parroquia de Santiago Apóstolo de Arteixo.

Horario de confesións

Don José Godoy: no despacho parroquial, dispoñible en todo momento.

Don Ramón Caamaño: domingos, media hora antes de Misa; luns, de 11 a 12 horas; luns a sábado, media hora antes da Misa da tarde.

Don José María Máiz: martes, mércores, xoves e venres, de 11 a 12 horas.

Don José Javier Areta: luns, martes, mércores, xoves e venres, de 12 a 13 horas.

Don Javier Arangúren: xoves, de 19 a 20 horas.

En calquera outro momento, solicite confesor no despacho parroquial.

Pobo de Deus nº 809

Catequese para adultos

Lembramos que o próximo xoves, véspera da Solemnidade da Inmaculada Concepción, teremos, despois da Misa da Inmaculada (por ser Misa de Precepto non haberá a habitual misa comunitaria de defuntos), a habitual charla de formación relixiosa permanente para adultos.

Verémonos, arredor das nove menos cuarto da noite, no Salón de Actos, onde José Ramón nos estará agardando…