Monthly Archives: marzo 2018

Homenaxes a don José

O 19 de marzo don José entrou no cabido da Colexiata de Santa María do Campo da Coruña e o día 24 recibiu unha homenaxe da freguesía de San Antonio polo seu ministerio sacerdotal (60 anos) e polos máis de cincuenta anos de servizo na nosa parroquia.

Deixamos aquí varias fotos, cortesía de Carlos Velo, Eugenia Herráez e Goretti Freije.

Horarios de Semana Santa

Co pregón-concerto de Semana Santa do sábado pasado, coa homenaxe sorpresa da freguesía de San Antonio nesa tarde a don José, con eucaristía, placa e festa especial con gaiteiros, e coa liturxia solemne do Domingo de Ramos, deu comezo a nosa Semana Santa. Incorporouse para estes días o Padre Larry Meneses, que estará no confesionario e nos cultos destes días santos.

O horario destes días é:

- Celebracións penitenciais para adultos o luns 26, o martes 27 e o mércores 28 ás 19 hs.

- Xoves Santo: Oficios ás 17 hs. e Hora Santa ás 20 hs.

- Venres Santo: Oficios ás 17 hs (día de xaxún e abstinencia).

- Sábado Santo: Via Crucis solemne ás 11 hs.

SOLEMNE  VIXILIA  PASCUAL  ÁS  8  DA  TARDE.

Don José Godoy, canónigo de la Colegiata

Nos congratulamos en felicitar a nuestro párroco emérito, don José Godoy Malvárez, por su toma de posesión como canónigo de la Colegiata de Santa María del Campo de A Coruña. Estimamos que la Voz de Galicia, de una manera casual, se hiciese eco de la feliz nueva.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2018/03/19/domingo-rezos-pinchos-paseos/0003_201803H19C3991.htm

Pobo de Deus nº 816

A misa de aniversario de don José Redondo López é o luns día 12 de marzo, non o martes.