Daily Archives: 26-03-2018

Horarios de Semana Santa

Co pregón-concerto de Semana Santa do sábado pasado, coa homenaxe sorpresa da freguesía de San Antonio nesa tarde a don José, con eucaristía, placa e festa especial con gaiteiros, e coa liturxia solemne do Domingo de Ramos, deu comezo a nosa Semana Santa. Incorporouse para estes días o Padre Larry Meneses, que estará no confesionario e nos cultos destes días santos.

O horario destes días é:

- Celebracións penitenciais para adultos o luns 26, o martes 27 e o mércores 28 ás 19 hs.

- Xoves Santo: Oficios ás 17 hs. e Hora Santa ás 20 hs.

- Venres Santo: Oficios ás 17 hs (día de xaxún e abstinencia).

- Sábado Santo: Via Crucis solemne ás 11 hs.

SOLEMNE  VIXILIA  PASCUAL  ÁS  8  DA  TARDE.