Apertura da exposición

Parabéns en primeiro lugar á Coral Polifónica Follas Novas, que nos deleitou cun repertorio de músicas de culturas e estilos distintos e enriquecedores.

Graciñas ás persoas e familias que doaron as fotos (Julia Villar, José Antonio López, María del Carmen Felpeto, Marisa Castro, Toñita Prieto, María Teresa Cebrián, María Teresa González, María Castiñeira, Julia Cabanelas, Carlos Platas, familias Mariñas Gómez e Rodríguez Mariñas, parroquia e párroco, María del Carmen Vidal), e especialmente á familia García Corral (Pepe García, Merchi Corral, Merchi e Luís García Corral), que se volcou na organización non só con fotos senón tamén coa preparación desde xaneiro desta mostra e coa publicidade dela nestas últimas semanas.

A partir da semana próxima contamos con ter aberta a exposición no Salón de Actos os mércores de 6 a 9 da tarde e nas fins de semana de 11 a 2 da tarde e de 6 a 9 da tarde. NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, Ó NON SER LABORABLE, ESTARÁ ABERTA Á MAÑÁ E Á TARDE.

Graciñas especialmente ós que aparecedes nas fotos e accededes a compartir con nós un anaquiño das vosas vidas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>