Category Archives: Xuvenil

Avisos catequéticos

Hoxe e mañá, a partir das 18.30 hs., comezará a catequese parroquial de nenos, segundo os cursos escolares.

Este venres, ás 20 hs., están convocados os mozos de Confirmación á súa reunión semanal de catequese.

Moi importante para os maiores: as charlas de formación permanente para adultos terán lugar O SEGUNDO MÉRCORES DE CADA MES, ÁS 20.30 HS., NO NOVO SALÓN DE ACTOS. Polo tanto, a primeira charla será este mércores, día 8.

Próximas citas importantes na Parroquia…

Lembrámosvos as dúas citas importantes próximas na Pastoral da nosa Parroquia:

  1. Clausura do ciclo de formación permanente para adultos no novo Salón de Actos o próximo mércores día 21 de maio ás 8.30 da tarde.
  2. CONFIRMACIÓNS  na misa das 12 de mediodía do sábado día 24 de maio.

E en xuño, Novena Patronal e Festival de Teatro na tarde do sábado día 7 de xuño. Daremos máis información.