Category Archives: Adultos

Semana da Parroquia

Do 12 ó 16 de xaneiro.
Lugar: Salón de Actos.
Hora: 20.30 hs.
Tema xeral: os cristiáns na Igrexa de hoxe (obrigas e dereitos): parroquia, diocese, Igrexa universal.
A información máis completa difundirase con carteis e programas de man.

Catequese de adultos

Este mércores terémo-la charla de novembro da formación de adultos.

Tema: “Primeiro precepto: a participación na Misa dominical e festiva”.

Coma sempre, no Salón de Actos, puntualmente ás 20.30 hs., despois da Misa das 8 da tarde.

Formación Permanente de adultos 2014/2015

Avisos catequéticos

Hoxe e mañá, a partir das 18.30 hs., comezará a catequese parroquial de nenos, segundo os cursos escolares.

Este venres, ás 20 hs., están convocados os mozos de Confirmación á súa reunión semanal de catequese.

Moi importante para os maiores: as charlas de formación permanente para adultos terán lugar O SEGUNDO MÉRCORES DE CADA MES, ÁS 20.30 HS., NO NOVO SALÓN DE ACTOS. Polo tanto, a primeira charla será este mércores, día 8.

Programa do Festival do día 7 de xuño

FESTIVAL  DE  TEATRO  E  MÚSICA

Sábado, día 7 de xuño, ás 17.30 hs.

Actúan:

• Coro “Escolma Coralis”.

• Escola de Pandeireteiras “San Antonio”.

• Escola de Teatro “San Antonio”.

• Coro invitado: “Aires de Bergantiños”.

Lugar: Salón de Actos parroquial (Avenida de Finisterre, 260).

Organiza: Coro “Escolma Coralis”.

Próximas citas importantes na Parroquia…

Lembrámosvos as dúas citas importantes próximas na Pastoral da nosa Parroquia:

  1. Clausura do ciclo de formación permanente para adultos no novo Salón de Actos o próximo mércores día 21 de maio ás 8.30 da tarde.
  2. CONFIRMACIÓNS  na misa das 12 de mediodía do sábado día 24 de maio.

E en xuño, Novena Patronal e Festival de Teatro na tarde do sábado día 7 de xuño. Daremos máis información.