Category Archives: Caritas

Apertura da exposición

Parabéns en primeiro lugar á Coral Polifónica Follas Novas, que nos deleitou cun repertorio de músicas de culturas e estilos distintos e enriquecedores.

Graciñas ás persoas e familias que doaron as fotos (Julia Villar, José Antonio López, María del Carmen Felpeto, Marisa Castro, Toñita Prieto, María Teresa Cebrián, María Teresa González, María Castiñeira, Julia Cabanelas, Carlos Platas, familias Mariñas Gómez e Rodríguez Mariñas, parroquia e párroco, María del Carmen Vidal), e especialmente á familia García Corral (Pepe García, Merchi Corral, Merchi e Luís García Corral), que se volcou na organización non só con fotos senón tamén coa preparación desde xaneiro desta mostra e coa publicidade dela nestas últimas semanas.

A partir da semana próxima contamos con ter aberta a exposición no Salón de Actos os mércores de 6 a 9 da tarde e nas fins de semana de 11 a 2 da tarde e de 6 a 9 da tarde. NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, Ó NON SER LABORABLE, ESTARÁ ABERTA Á MAÑÁ E Á TARDE.

Graciñas especialmente ós que aparecedes nas fotos e accededes a compartir con nós un anaquiño das vosas vidas.

Concerto de inauguración da exposición fotográfica

Cortesía da familia García Corral. Deseño do cartel: Luís García Corral.

Estimamos a “El Ideal Gallego”“La Opinión de A Coruña” e á Cafetería Maluve a publicidade desta actividade e agradecemos á familia García Corral, á Coral Polifónica Follas Novas, a Rafael Casás Salgado, a Francisco Caraballo Recio e a José Ramón Amor Pan pola difusión nos seus perfís de internet.

Reportaxe da Parroquia en “La Opinión de A Coruña”

Hoxe sae en “La Opinión de A Coruña” unha reportaxe ampla e ben detallada sobre a nosa comunidade parroquial. Co noso agradecemento ó xornal coruñés polo interese na nosa Parroquia:

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/02/15/medio-siglo-congregacion-san-antonio/1041684.html

Campaña de Navidad 2015

Comestibles:

157 bolsas de 7, 9 y 14 kilos: 1.425 kilos.

Juguetes:

653 unidades.

¡GRACIAS  POR  SU  COLABORACIÓN!

Campaña de Nadal de Cáritas 2014

Comestibles: 170 bolsas de 8, 10 e 14 quilos. TOTAL: 1.700 quilos.

Xoguetes: 352 unidades.

De corazón agradecémo-la súa xenerosidade nestes tempos tan difíciles.

Campaña de Nadal de Cáritas

A parroquia recolle alimentos non perecedeiros e xoguetes en bo estado, pequenos e sen pilas, en horario de despacho.

Horario de Cáritas

Cáritas Parroquial atende TÓDOLOS LUNS, de 6 a 7 da tarde.

Solicite na Parroquia a lista de documentos necesarios. É imprescindible presenta-lo certificado ACTUAL de empadroamento (Centro Ágora, ao carón do Instituto de Bacharelato da Agra do Orzán).