Category Archives: Liturxia

Monumento de Xoves Santo

Monumento deste Xoves Santo na capela da pía bautismal este ano: Julia, Antonio, xente do coro e demais colaboradores da Semana Santa parroquial. Foto: Toñita.

Felices Pascuas

Programa de celebracións e horarios – 2ª parte

- Domingo de Ramos: bendición en tódalas misas; bendición solemne na misa das 11 da mañá.

- Celebracións penitenciais para adultos:

Luns, día 10, día 11 e mércores, día 12, ás 7 da tarde.

- Xoves Santo: Oficios, ás 5 da tarde; Hora Santa, ás 8 da tarde.

- Sábado Santo: Viacrucis, ás 11 da mañá; SOLEMNE  VIXILIA  PASCUAL,  ÁS  8  DA  TARDE.

Programa de celebracións e horarios – 1ª parte

Pregón-Concerto de Semana Santa (a cargo do Grupo Vocal Escolma Coralis):

venres, día 7 de abril (non o sábado como está escrito en Pobo de Deus), ás 20,30 hs.

Celebracións comunitarias da Penitencia:

Para os nenos da Catequese: o martes, día 4 de abril, e o mércores, día 5, ás 18,30 hs.

Domingo de Ramos:

Bendición dos ramos en tódalas misas.

Bendición solemne na misa das 11 da mañá.

Primeiras actividades de Semana Santa

Na folla que se poñerá nas mesas nesta fin de semana xa vai o anuncio das primeiras actividades de Semana Santa:

- Martes, día 4 de abril, e mércores, día 5, ás 6,30 da tarde, CELEBRACIÓN PENITENCIAL PARA NENOS E MOZOS.

- Venres, día 7 de abril, ás 8,30 da noite, Pregón-Concerto da Semana Santa Parroquial a cargo do Grupo Vocal Escolma Coralis. MOITO OLLO: NA FOLLA, POR EQUIVOCACIÓN NOSA, VÉN CUNHA DATA EQUIVOCADA.

Felices Pascuas

Co Belén do Salón de Actos deste ano (foto de María Eugenia Herráez), desexámosvos unhas Felices Pascuas e unha Santa Noite.

Peche dos actos de celebración do cincuentenario

Tódolos 22 de decembro, ademais da lotería, celebramos solemnemente na Misa da noite o aniversario da Consagración do Templo. Este ano cúmprense vinte e catro. Ademais, desde xa hai algúns anos, celebrámo-la ordenación do Diácono Permanente, don Rafael Casás Salgado.

Este ano celebraremos este acontecemento, coma sempre, na Misa da noite. Pecharemos así os actos do cincuentenario. O Grupo Vocal Escolma Coralis cantará na Misa e despois ofrecerá un pequeno concerto de panxoliñas. Agradecemos a este grupo a colaboración permanente na Parroquia.

FELICES PASCUAS.

Concerto organizado por Follas Novas

Do perfil de Facebook da Coral Polifónica Follas Novas.

Concerto para o sábado…

Do perfil de Facebook de Canta Compaña, que organiza o concerto.

Encontros de Música Navideña na Parroquia

Sábado, día 10 de decembro: organizado polo Grupo Vocal Escolma Coralis de San Antonio, actuarán as corais de Guísamo, Santa Cecilia de Coristanco e Escolma Coralis.

Hora: 8,30 da tarde.

Venres, día 16: organizado pola Coral Polifónica Follas Novas, dentro do seu ciclo de música navideña na cidade, actuarán a coral “Adonais” da parroquia de Santiago Apóstolo de Arteixo e a Coral Polifónica Follas Novas.

Hora: 8,30 da tarde, na igrexa.

Sábado, día 17: organizado polo Grupo Canta Compaña da Coruña, actuarán o Grupo Vocal Instrumental Atlántico de Noia e Canta Compaña da Coruña.

Hora: 8,30 da tarde.

Xoves, día 22: coa organización do Grupo Vocal Escolma Coralis de San Antonio, este grupo cantará na Misa Solemne de Consagración do Templo Parroquial e despois da Eucaristía dará un pequeno concerto de panxoliñas.

Con estas citas musicais concluirémo-las celebracións do cincuentenario parroquial. Agradecemos a todos a vosa colaboración e participación neste ano tan especial para a nosa comunidade parroquial.