Evanxeo deste Domingo – VII de Pascua – 20 de maio de 2012
COMENTARIO Á PALABRA DE DEUS
Asemblea do Apostolado Segrar
A Delegación Diocesá de Apostolado Segrar convida a que nos animemos a participar na convivencia anual do laicado compostelán, na véspera da Pascua do Espírito, e pasémo-la convocatoria a outros colaboradores eclesiais:
Escola de catequistas
Os catequistas do noso arciprestado (e tamén os das outras parroquias da cidade) estamos convocados á derradeira charla de formación catequética deste curso.
Tal e como se anunciou na última sesión, este mes contaremos coa presenza de don Eugenio González, OSB, director do Secretariado de Catequese da nosa Diócese, que falará do método de emprego dos materiais que envía semanalmente por correo electrónico a tódolos catequistas apuntados na lista de envío do Secretariado.
Se algún catequista quere recibir estes materiais na súa caixa de correo electrónico, estes son os datos para poñerse en contacto coa Delegación:
Delegación Diocesana de Enseñanza y Catequesis –
Plaza de la Inmaculada 4 – 15704 – Santiago de Compostela
Teléfono: 981581285
www.ensenanzaycatequesis.org
catequese@planalfa.es
O día da charla é este mércores, día 16 de maio, ás 8,30 da noite, nos locais da catequese da Parroquia de San Francisco Xabier.
Agradecémo-la participación fiel de todos e convidámosvos a volver despois do verán.
Formación permanente para adultos
O próximo luns, día 21 de maio, haberá a charla mensual de formación permanente para adultos. A de maio será a charla final da oferta formativa para este curso.
A actividade empezará ás 8’30 da noite e forma parte do ciclo “Os segrares na Igrexa”, impartido nestes meses.
Agradecémosvos a vosa participación fiel e contamos convosco o próximo curso.
Tienda del Encuentro
Acércate a la parroquia de San Antonio. Comenzará a las 20’30, entrando por la peatonal: c/Andrés Gaos,27.
Evanxeo deste Domingo – V de Pascua – 6 de maio de 2012
COMENTARIO Á PALABRA DE DEUS
Avisos de Cáritas
Por ser primeiro domingo de mes, as colectas de tódalas misas, incluída a do sábado á tarde, irán á Cáritas parroquial. Este luns día 7, de 6 a 7 da tarde, estarán no despacho de atención de necesidades.
Pobo de Deus 663
Esta é a páxina propia da nosa parroquia, do nº663 de Pobo de Deus.
Pincha na imaxe e poderás cambia-lo zoom.
Evanxeo deste Domingo – IV de Pascua – 29 de abril de 2012
A PALABRA DE DEUS
Presentación preparada por Andrés García Vilariño










